website creation software

FP DUAL

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.  

Mobirise

Que é

A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional:
formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación
complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.
Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Mobirise

Requisitos de acceso

Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o
emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o
posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os
requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que
fose cursando outro ciclo formativo.

Mobirise

Prazo de matrícula nun ciclo de FP dual

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar
a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. 

Mobirise

Duración dun ciclo formativo

Nesta modalidade dual, os ciclos formativos poden distribuírse en dous ou en tres anos.

Mobirise

Horas de Formación na empresa

Das 2.000 horas establecidas no currículo, un mínimo do 33 % deberase impartir coa
participación da empresa.

Mobirise

Vínculo do alumnado coa empresa

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un
contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao
réxime xeral da Seguridade Social.

Mobirise

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración? 

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Mobirise

Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?

Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de permanencia na empresa. Esta remuneración pode ir aumentando cada ano á medida que aumenta a túa competencia profesional.